Normas exhibicións 18 decembro e CESTA NADAL

Boas tardes, Mañá día 18 celebraranse exhibicións de cociña, baile e teatro. Comezarán as 16:30 pero os nenos/as deben estar no colexio as 16:00 horas. Os de baile e teatro que asistan a comedor irán ao SUM directamente, pero os de cociña irán ao colexio azul para preparar o seu "prato" Do mesmo xeito, os alumnos que veñan dende casa deberán dirixirse ao SUM se son de baile moderno ou teatro, e ao colexio azul se son de cociña. Ao finalizar as exhibicións entregarase a cesta de Nadal que nos regalou ao Anpa a empresa Axiña e que se regalará ao socio cuxo número coincida co do sorteo da ONCE de hoxe xoves 17 de decembro: o Nº 342 Tamén vos indicamos que recibimos lotería de Nadal da empresa Jardanay ,que se toca, evidentemente, se ingresará na conta do Anpa