Festa do entroido: grazas!!!
Queremos agradecer a todas as familias que foron á festa de onte a súa colaboración para que o pavillón quedase limpo e recollido ao rematar, a Carlos e Cris (pais do cole), por conseguir as filloas, a Jardanay por prepararnos o chocolate e a Eroski polos biscoitos... Aproveitamos para avisar de que quedou esquecido no pavillón un gorro de disfrace vermello cunha flor. Deixámolo en conserxaría no cole por se queredes recollelo.