A Anpa enviou a semana pasada un texto a diferentes medios de comunicación sobre o atraso nas obras de ampliación do centro, anunciadas en abril (nun acto no colexio, ver nesta ligazón) e que aínda hoxe non comezaron. Podedes ler o texto completo que enviamos a La Opinión, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e Radio Coruña Cadena Ser.
Como xa publicamos no blogue, algúns medios publicaron a noticia e ao día seguinte o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, anunciou que se están ultimando os trámites para a adxudicación das obras.
O 17 de decembro o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) presentou varias iniciativas sobre o tema no Parlamento de Galicia, que podedes ler a continuación: