Actividades extraescolares - Fin de trimestre

Con motivo do fin de trimestre, os participantes nas actividades extraescolares de Axiña (Judo, Aerozumba, Teatro, Xogos tradicionais e de mesa, Artes plásticas,Informática, Cociña e Playing Xogos), van realizar unha mostra do traballo realizado durante o trimestre. O mércores 18 de decembro, de 16 a 18 h, no Salón de usos múltiples do edificio de Primaria. Estades convidados para coñecer unha pequena parte do feito ata agora. A orde das actuacións será o seguinte:

1)      Playing Xogos: cantarán unha panxoliña en inglés.
2)      Judo: realizarán unha pequena exhibición do aprendido ata agora.
3)      Teatro pequenos
4)      Teatro maiores
5)      Aerozumba

Paralelamente, haberá un stand de cociña divertida, con canapés, e mostras de informática, xogos e arte.

Por outra banda, os monitores de ximnasia rítmica convídanvos a unha clase de portas abertas, o xoves 19 no horario e na aula habitual da clase.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S