Saltar ao contido principal

Libros de texto e material escolar

Xa están publicadas na web do colexio as listaxes de libros de texto e material escolar para o curso 2013-2014. 

Lembrámosvos que o prazo para solicitar axudas para os libros de texto está aberto ata o 3 de xullo de 2013.

Finalmente, a ANPA non puido organizar e preparar o Banco de libros de texto para o curso 2013/2014. Para subsanalo en parte, propoñémosvos facer de mediadores entre familias que queran doar ou recibir libros de texto. Para isto, podedes enviarnos un correo á ANPA indicando que libros queredes doar (curso), cales queredes recibir (curso) e os vosos datos persoais, sobre todo un teléfono e un mail de contacto. No asunto indicade "Intercambio de libros de texto". A ANPA fará unha lista dos libros disponibles e avisarémosvos para que vos poñades en contacto coas persoas que ofrezan un lote e organicedes entre vós a entrega e a recollida. Os libros que se poden intercambiar son os correspondentes a 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tamén os de lectura de 1º e 2º de Primaria.

Pedímosvos que os libros que ofrezades estean en bo estado. A ANPA non puede garantir que haxa libros para todos; só se compromete a poñer en contacto familias que queiran intercambiar libros. Podedes enviarnos os vosos datos ata o 9 de xullo. No caso de que non haxa libros bastantes avisarémosvos por orde de inscrición.

Tamén pedimos aos alumnos de 6º que deixan o colexio que cedan os libros que non necesiten para esta iniciativa, mesmo se non van necesitar outros lotes de Educación Primaria.


Por outra banda, informámosvos sobre algunhas iniciativas que nos chegaron relacionadas co intercambio ou a venda de libros de texto de segunda man: 

"Mercadillo de libros de texto" que terá lugar no C.C. Dolce Vita o día 26 de xuño. Toda a información pódese ver en www.kpus.es. A ficha de registro está disponible a partir do día 15 de xuño de 2013.


Grupo de facebook sobre intercambio de libros.

Finalmente, queremos lembrarvos que na librería ESPACIO CULTURAL os socios da ANPA teñen desconto na compra de libros de texto.


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.