O próximo domingo 16 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 h., realizarase a XXVI edición do Día do Deporte na rúa.
Esa mañá todos os nenos/as que o desexen poderán practicar multitude de disciplinas deportivas que estarán ubicadas ao longo dos xardíns de Méndez Núñez e a Zona dos Cantóns. Todos os participantes poderán obter o seu "Carnet de Deportista" e participar no sorteo de fantásticos regalos. Cantos máis deportes probes, poderás optar a máis regalos.
E como no, os familiares tamén terán a oportunidade de participar e probar cos seus fillos/as deportes como o beisbol, minitenis, dardos, spinning, chave, ... e disfrutar da zona de xogos infantís cos máis pequenos da casa.
Aproveitarase a xornada para colaborar nunha acción solidaria para a recollida de alimentos a favor do banco de alimentos FESBAL.