Saltar ao contido principal

Información para o alumnado que remata 6º de Primaria

A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, por primeira vez no Centro, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso.
O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2013/2014 no IES SALVADOR DE MADARIAGA e que estean en bo estado. Os libros entregaranse ao Banco de xeito gratuito e definitivo, sendo a ANPA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos.
Todo o alumnado e as súas familias pode participar entregando libros de texto de calquera curso. Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas.
Para ser beneficiario da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar aos libros do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante do BANCO, aportando libros, e ser socio/a da ANPA.

Os libros serán entregados no Instituto e os días de recollida, serán os seguintes:
-      Día 21 de xuño, dende as 11,20 h. ata as 13,30 h.
-      Día 26 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 12,00 h.
-      Día 27 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 12,00 h.

O alumnado de 1º da ESO non ten que facer doazón de libros.

Máis información na web do Instituto.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.