Saltar ao contido principal

Clausura de actividades extraescolares

As actividades extraescolares continúan ata o día 21 de xuño no seu horario habitual.

Con motivo da finalización das clases, @s monitores das actividades extraescolares van realizar unha serie de actividades especiais, para dar a coeñecer unha pequena parte do traballo realizado durante o curso escolar d@s vos@s fill@s nas actividades nas que participan, así como que coñezades o traballo realizado noutras actividades:


- LUNS 10: JUDO EN FAMILIA-  xornada de portas abertas. Convídase ás familias d@s participantes na actividade a que acudan este día con equipación deportiva preparad@s para unha xornada de Judo pais/nai/fill@s. Cada grupo desenvolverá a actividade no seu horario habitual de clase.



- MARTES 11: Exhibición de XIMNASIA. No Salón de usos múltiples del Colexio. De 17 a 18 h.



- MIÉRCOLES 12: Gala de TEATRO con degustación de bombóns. Esta tarde desenvolveranse, de 17 a 18, as obras de teatro dos dous grupos. Ao finalizar, os participantes da clase de COCIÑA deleitaranvos con unha pequena mostra do seu traballo. Para esta xornada convídase ás familias dos participantes nas actividades de teatro, cociña e ARTE, xa que completaremos a xornada coa exposición dos traballos desta última.



- XOVES 13: Xornada de portas abertas de XOGOS. Nesta xornada organizaremos un pequeno torneo de xogos de mesa, o, se o tempo o permite, xogos tradicionais de exterior entre pais/nais e participantes.



- XOVES 13: Xornada de portas abertas de HOCKEY. De 16 a 17 h. no Pavillón. Os pais e nais poden asistir ao entrenamento desde as gradas.



- LUNS 17: FÚTBOL EN FAMILIA (ALEVÍNS). Xornada de portas abertas e partidos de fútbol entre pais/nais/fill@s. No horario habitual da clase. 


- MARTES 18: BALONCESTO EN FAMILIA. Xornada de portas abertas e partidos de baloncesto entre pais/nais/fill@s. No horario habitual da clase. Quedan expresamente prohibidos os mates nas canastas de minibasquet.


- MÉRCORES 19: FÚTBOL EN FAMILIA (BENXAMÍNS). Xornada de portas abertas e partidos de fútbol entre pais/nais/fill@s. No horario habitual da clase. 

- XOVES 20: FÚTBOL EN FAMILIA (INICIACIÓN). Xornada de portas abertas e partidos de fútbol entre pais/nais/fill@s. No horario habitual da clase. 


Nas actividades que se realizan no pavillón, os pais e nais accederán á cancha con calzado deportivo. 


¡ESPERÁMOSVOS!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.