Publicacións

Programas de conciliación do verán 2020

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta terá unha estrutura semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar , xa que éste é o eixo principal desta proposta. O Colexio Azul do noso CEIP é unha das ubicacións aprobadas para o programa. PREINSCRICIÓN: 27, 28 e 29 de maio.  Toda a información sobre as preinscricións, condicións e quendas está no seguinte PDF. Información completa do programa

Convocatoria para a concesión de becas comedor para o curso escolar 2019/2020

Achegamos a ligazón á publicación da convocatoria e bases reguladoras para a concesión de becas comedor para o curso escolar 2020/2021 https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/03/20/2020_0000002109.html

Peche de colexios por motivo do Coronavirus

Por mor da noticia de peches de colexios, informámosvos que as actividades do ANPA cesan de forma simultánea (comedor, madrugadores, actividades e charlas) a partir de luns 16. Hoxe xoves e mañá venres desenvolveranse con normalidade, aínda que recomendamos a todas as familias recollelos mañá á saída do colexio na medida das vosas posibilidades.

Cambio no menú de comedor o 11 de marzo

O mércores 11 de marzo o menú será: 1º Prato: Spaguetti boloñesa (sen cambios) 2º Prato: Filetitos de lirio empanados con xudías ao vapor (en lugar de “pescada á romana con xudías ao vapor”)

Obradoiro familiar "Bravas" no MUNCYT o sábado 7

Imaxe

Admisión de alumnado no CEIP Emilia Pardo Bazán

Toda a información para a admisión está na páxina do CEIP na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/70 Por parte do ANPA, complementamos a información ofrecida polo colexio coa información dos nosos servizos para o vindeiro curso 2020/20201. Resume de servizos ANPA Milnenos curso 2020/2021

Festa de entroido do ANPA Milnenos

Imaxe
Documento PDF coas normas  da festa RECORDAMOS QUE SO PODE VIR A FAMILIA (ALUMNOS SOCIOS E TUTORES) QUE FIXERA A INSCRICIÓN, POR MOTIVOS DE PLAZAS LIMITADAS E LISTAS DE ESPERA NON PODERÁN VIR AMIGOS/PRIMOS/ETC. Dentro do noso compromiso co consumo responsable e sobre todo a transmisión deste tipo de valores aos pequenos, este ano imos tentar minimizar o número de vasos de plástico consumidos durante a festa, que o ano pasado foi moi grande. Para iso pedímosvos o seguinte: - Que cada familia tráiase de casa os vasos de plástico que vai consumir e reutilíceos durante a festa - Que os vasos sexan de materiais non deshechables NORMAS DA FESTA Do cumprimento das normas dependerá que nos volvan a conceder o pavillón o ano que vén, así que vos agradecemos a todos a vosa colaboración coas mesmas. A entrada na festa supón a total aceptación das normas indicadas a continuación. 1.- Está PROHIBIDO ACCEDER Á PISTA CON CALZADO QUE NON SEXA DEPORTIVO E/Ou POIDA DANAR A PISTA, ...