Programas de conciliación do verán 2020

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, pretende levar a cabo unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A oferta terá unha estrutura semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que éste é o eixo principal desta proposta.

O Colexio Azul do noso CEIP é unha das ubicacións aprobadas para o programa.

PREINSCRICIÓN: 27, 28 e 29 de maio. 

Toda a información sobre as preinscricións, condicións e quendas está no seguinte PDF.

Información completa do programa




Publicacións populares deste blog

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

20 Edición: Durme no forum

Colares de Zonchos