Festa de entroido do ANPA Milnenos
Documento PDF coas normas da festa
RECORDAMOS QUE SO PODE VIR A FAMILIA (ALUMNOS SOCIOS E TUTORES) QUE FIXERA A INSCRICIÓN, POR MOTIVOS DE PLAZAS LIMITADAS E LISTAS DE ESPERA NON PODERÁN VIR AMIGOS/PRIMOS/ETC.
Para iso pedímosvos o seguinte:
- Que cada familia tráiase de casa os vasos de plástico que vai consumir e reutilíceos durante a festa
- Que os vasos sexan de materiais non deshechables
NORMAS DA FESTA
Do cumprimento das normas dependerá que nos volvan a conceder o pavillón o ano que vén, así que vos agradecemos a todos a vosa colaboración coas mesmas.
A entrada na festa supón a total aceptación das normas indicadas a continuación.
1.- Está PROHIBIDO ACCEDER Á PISTA CON CALZADO QUE NON SEXA DEPORTIVO E/Ou POIDA DANAR A PISTA, como poden ser os tacóns, botas de fútbol, patíns, etc.
2.- Está prohibido COMER ou tomar o chocolate na pista. Débese comer na zona de repartición de comida ou nas bancadas
3.- Está prohibido o uso de SPRAYS, PETARDOS e SIMILARES dentro de todo o recinto.
4.- O titor inscrito debe acompañar e facerse responsable dos seus fillos/ as
5.- Axudade a manter o pavillón limpo. Agradecémosvos a vosa colaboración para que o pavillón quede recolleito e limpo ao finalizar a festa.
6.- O día da festa non se poderá aparcar no espazo diante do pavillón: o espazo estará ocupado polos vehículos da organización da festa.
7.- Poderá haber espazos designados para fotos. Aquelas familias que non desexen que os seus fillos/as sexan obxecto de fotografía deberán asumir a responsabilidade directa de que os seus fillos/as non participen nos mesmos.
Moitas grazas a todos e disfrutade!