Publicacións

LIBROS 2015/2016 + EDIXGAL

Na seguinte ligazón recóllese a información publicada polo CEIP sobre os libros para o vindeiro curso 2015/2016: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/211 Ademais, o centro ten sido seleccionado para o proxecto EDIXGAL: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/474 No tocante a estas cuestións a dirección do centro infórmanos para os cursos de 3º e 5º de Primaria: "3º de Primaria:  *   A SOLICITUDE DE CAMBIO DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE PRIMARIA “NON FOI AUTORIZADA POLA XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACIÓN“ POLO TANTO NON HABERÁ LIBRO OFICIAL .  AS FAMILIAS NON DEBEN MERCAR NENGÚN LIBRO DE TEXTO (ÚNICAMENTE MERCARÁN O CADERNO “ACTIVITY BOOK” DE INGLÉS).  O COLEXIO ENTREGARALLE AO ALUMNADO NO MES DE SETEMBRO OS LIBROS EN PRÉSTAMO. 5º de Primaria:  *   O CENTRO RESULTOU ADMITIDO NO PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL. O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA NON UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO CONVENCIONAIS ....

Dudas e preguntas sobre as AAEE 2015/2016

Actividade de TICS:  O centro educativo non nos autoriza usar o aula de informática o vindeiro curso 2015/2016, polo que temos o verán para tentar negociar con algunha entidade a cesión dos equipos precisos para montar un aula de informática no colexio azul ou para que o equipo directivo do centro cambie o criterio manifestado.  Tentaremos as dúas vías pero non é unha situación que nos permita ofrecer a actividade sen ter garantías de que a podemos asumir.  Balonmán:  Balonmán realizarase con independencia de que o  Concello  acepte a nosa solicitude de incluilo nas súas actividades. Se non é a través do  Concello  manterase por medio do convenio co  OAR. C omo balonmán pasa a ser dúas horas por semana, se non o fixésemos a través do  concello  o seu prezo sería 16 euros por mes.  Ata que se confirme polo Concello a nosa solicitude, para esta actividade só se procederá a presentar a solicitude segundo o formulario co...

Actividades extraescolares 2015/2016 e altas de novos socios

Na seguinte ligazón podedes acceder aos formularios de alta e horarios de actividades extraescolares para o curso 2015/2016, recollendo as novidades que haberá, así como os prezos e o procedemento para darse de alta (tamén se enviou un correo electrónico coa mesma información). (Táboa de prezos e exemplos): https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VzFaNXktWUcyX0U/view?usp=sharing (Ciclo Infantil)  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0MHhhN1JLN0w3S00/view?usp=sharing (1º, 2º_Primaria)  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0S0F4TUY1aE5DZ2M/view?usp=sharing (3º, 4º, 5º, 6º_Primaria)  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0azI3c0FVZXN3YVk/view?usp=sharing Na seguinte entrada do BLOG tedes as instrucións precisas para que aqueles pais/nais que se incorporan ao  CEIP   Emilia Pardo Bazán  este ano poidan darse de alta como soci@s e solicitar tamén as actividades nas que estean interesados. http://milnenosgalego.blogspot.com.e...

Horario para "renovación/alta de socios" e outra información

Para facilitar a alta de novos socios e a renovación daqueles que xa forman parte do  ANPA , a próxima semana teremos un horario especial de atención ao público: - Horario de mañá: 9:00  á  10:00 horas, de luns 15 a venres 19 - Horario de tarde: 16:00  á  18:00 horas, de luns 15 a mércores 17 Para a alta inicial será necesario cubrir o formulario que consta no blog ( http://milnenosgalego. blogspot.com.es/p/impresos. html  )  e aboar 15 euros Para a renovación, se non houbo ningún cambio nos datos, deberán aboarse 15 euros. É posible e incluso recomendable para evitar ringleiras, facer a renovación de socios/as por transferencia bancaria á conta do ANPA facendo constar no concepto "renovación + Nº de socio" e pasando con posterioridade a actualizar o carnet. Esperamos que o luns ou martes xa teñamos o cadro coas actividades extraescolares que agora mesmo só está pendente de incluír as do  Concello  (que a data actual aínda non en...

Exhibicións de actividades extraescolares e xornada de portas abertas

Nos vindeiros días desenvolveranse exhibicións de actividades extraescolares e xornada de portas abertas. En particular, o día 11 na exhibición de balonmán participarán equipos das diferentes categorías do OAR para organizar unha competición, asistindo a mesma xogadores do primeiro equipo. Todo ilo co seguinte calendario: ACTIVIDADE DATA HORA JUDO 15/06/15 16:00:00 Fútbol Sala Alevín: Partido pais/nais vs fill@s 15/06/15 17:00:00 ZUMBA 15/06/15 17:00:00 XIMNASIA 16/06/15 16:00:00 TEATRO 17/06/15 16:00:00 Fútbol Sala benxamín: Partido pais/nais vs fill@s 17/06/15 16:00:00 Fútbol Sala prebenxamín 18/06/15 16:00:00 Baloncesto: todas as categorías 19/06/15 16:00:00 BALONMANO 11/06/15 17:00:00 MAGIA 11/06/15 16:00:00 COCINA 12/06/15 16:00:00 TICS 12/06/15 ...

Orde Axudas adquisición de libros 2015

No Diario Oficial de Galicia de hoxe publicouse a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16. Deixámosvos a ligazón ao DOG sen prexuízo de que actualicemos esta información coas novas que recibamos: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.pdf Tamén vos deixamos a ligazón á nova na Voz de Galicia: http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/06/01/primer-banco-libros-xunta-abarcara-3-5-primaria-2-4-secundaria/00031433153580118739213.htm

Campamento de Verán Anpa Milnenos - EPB

O ANPA Milnenos do CEIP Emilia Pardo Bazán preparou un campamento de verán para o período 22 de xuño o 31 de xullo e 1 de setembro ao 8 de setembro. Na seguinte ligazón podedes acceder ás bases da convocatoria. https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0QlhZRmcwUldHcms/view?usp=sharing Ademais, aproveitamos para respostar ás dúbidas xa plantexadas polos socios do ANPA aos que xa se lles remitiu a convocatoria o pasado venres, en concreto: - ¿Poden participar non socios do ANPA e incluso alumnos/as de outros centros? Sí, pero os socios do ANPA terán preferencia na obtención de praza - ¿Pódese obter praza para días soltos do campamento? Non, o formato por semanas é o único posible coa particularidade de que xuño e setembro son períodos de 6 días. - ¿Cales son os horarios de saída? 14:00 ou 15:30 horas sen horarios intermedios de saída. - ¿A entrada en madrugadores pode realizarse entre as 7:30 e as 9:00? sí (iremos completando este apartado con dúbidas posteriores) Agarda...