Horario para "renovación/alta de socios" e outra información

Para facilitar a alta de novos socios e a renovación daqueles que xa forman parte do ANPA, a próxima semana teremos un horario especial de atención ao público:

- Horario de mañá: 9:00 á 10:00 horas, de luns 15 a venres 19
- Horario de tarde: 16:00 á 18:00 horas, de luns 15 a mércores 17

Para a alta inicial será necesario cubrir o formulario que consta no blog (http://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/impresos.html 
e aboar 15 euros

Para a renovación, se non houbo ningún cambio nos datos, deberán aboarse 15 euros.

É posible e incluso recomendable para evitar ringleiras, facer a renovación de socios/as por transferencia bancaria á conta do ANPA facendo constar no concepto "renovación + Nº de socio" e pasando con posterioridade a actualizar o carnet.

Esperamos que o luns ou martes xa teñamos o cadro coas actividades extraescolares que agora mesmo só está pendente de incluír as do 
Concello (que a data actual aínda non enviou a información). En canto dispoñamos desa información farémosvola saber a través de correo electrónico e blog.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S