Dudas e preguntas sobre as AAEE 2015/2016

Actividade de TICS: O centro educativo non nos autoriza usar o aula de informática o vindeiro curso 2015/2016, polo que temos o verán para tentar negociar con algunha entidade a cesión dos equipos precisos para montar un aula de informática no colexio azul ou para que o equipo directivo do centro cambie o criterio manifestado. 

Tentaremos as dúas vías pero non é unha situación que nos permita ofrecer a actividade sen ter garantías de que a podemos asumir. 

Balonmán: Balonmán realizarase con independencia de que o Concello acepte a nosa solicitude de incluilo nas súas actividades. Se non é a través do Concello manterase por medio do convenio co OAR. Como balonmán pasa a ser dúas horas por semana, se non o fixésemos a través do concello o seu prezo sería 16 euros por mes. 

Ata que se confirme polo Concello a nosa solicitude, para esta actividade só se procederá a presentar a solicitude segundo o formulario correspondente.

Actividades sen seguro nin matrícula: No caso de actividades do concello non hai que pagar seguro nin matrícula ao ANPA.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S