Publicacións

Obradoiro no centro Nenoos

Imaxe
Estes obradoiros terán lugar os próximos días sábado 14 e venres 20 de setembro no Centro Nenoos, R/ Manuel Azaña, 41, Baixo.

Comedor e madrugadores

Imaxe
A coordinadora de comedor e madrugadores chámase Adriana. Para calquera consulta ou aviso, ou para o horario de recollida das 15.25, podedes contactar con ela no teléfono 637764388, por medio de chamadas ou mensaxes. @s nen@s que acodan a comedor d eben traer un neceser con cepillo e pasta de dentes co seu nome. Menú do mes de setembro

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O Concello da Coruña oferta a actividade de Natación   para nen@s de segundo ciclo de primaria. Durante o curso 2013-2014 será os luns de 17;00 a 17:45. O prezo por alumno é de 53,47€. A cota inclúe o traslado desde o centro e cobertura sanitaria. A data de comezo prevista é a semana do 8 ao 11 de outubro. A inscrición debe realizarse na ANPA antes do 20 de setembro.  Xa está disponible o programa  "Listen & Speak" , dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.  Información e inscricións:   http://www.edu.coruna.es/libro_dixital_2013_2014/fichas_de_solicitude Normas de entrada e saída de actividades extraescolares: Actividades realizadas no edificio de Primaria: JUDO, TEATRO, COCIÑA, XOGOS DE MESA, ARTES PLÁSTICAS, INFORMÁTICA - Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. - Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega ...
Lembrámosvos que a partir de mañá, 11 de setembro, comezan tanto as actividades extraescolares como comedor e madrugadores. ACTIVIDADES Todas as actividades extraescolares comezan a partir do primeiro día de cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática , que en principio comezará en outubro, xa que están reformando a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean inscritos en informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Se estades interesados, avisade na ANPA. Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de ximnasia rítmica. Este curso vaise incorporar unha actividade nova:  Aero -zumba, para todas as idades (infantil e primaria). Para dala a coñecer, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Podedes probar, e se vos gusta, inscribirvos a partir de outubro. Para poder asistir en setembro hai que anotarse no  ANPA . ...
Este curso vaise incorporar unha actividade nova:  Aero -zumba, para todas as idades. Para presentala, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Apúntate!! Todas as actividades extraescolares comezan a partir do inicio do cole, o 11 de setembro,  agás a actividade de informática , xa que e stán a reformar a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean apuntados para informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Estamos pendentes da oferta municipal de actividades que sairá ao longo deste mes, para poder ofrecer algunhas máis a partir do mes de outubro.

Horario de setembro

Durante as dúas primeiras semanas de setembro, o local da ANPA estará aberto no seguinte horario: Mércores 4: de 10 a 11.30 h Xoves 5: de 10 a 11.30 h Venres 6: de 10 a 11.30 h Mércores 11: de 9 a 10.30 h Xoves 12: de 9 a 10.30 h Venres 13: de 9 a 10.30 h A partir do día 16, abriremos os luns de 16 a 17 h e os xoves de 9 a 10 h. Neses horarios podedes inscribirvos ou renovar como socios da ANPA, reservar os chándals, apuntarvos nas actividades extraescolares, en Madrugadores e Comedor. Podedes descargar nestas ligazóns todos os impresos para traelos cubertos e aforrar tempo. No caso de facer os pagamentos por transferencia ou ingreso na conta do banco, lembrade poñer o nome d@ nen@ e o concepto polo que se fai o ingreso.  Alta o renovación como socio da ANPA : para facervos socios podedes traer o impreso cuberto, xunto co importe ou o xustificante de pagamento do banco (15 euros).  Número de conta: 2080 5223 11 3040004283 (Novagalicia Banco).  No local...

Actividades no Centro Cívico Rosales

Os días 2, 3 e 4 de setembro ábrese o prazo de preinscrición para as actividades socioculturais de setembro a decembro no Centro Cívico Rosales. Preinscrpción: 2, 3 e 4 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h Sorteo: 5 de setembro ás 11:00 h Prazo de inscrición e pago de taxas: 17, 18 e 19 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h Podedes ver a información nesta  ligazón Más información 010, teléfono de atención ciudadana; CC Rosales 981 184 350; www.corunasolidaria.org