ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O Concello da Coruña oferta a actividade de Natación para nen@s de segundo ciclo de primaria. Durante o curso 2013-2014 será os luns de 17;00 a 17:45. O prezo por alumno é de 53,47€. A cota inclúe o traslado desde o centro e cobertura sanitaria. A data de comezo prevista é a semana do 8 ao 11 de outubro. A inscrición debe realizarse na ANPA antes do 20 de setembro.
Xa está disponible o programa "Listen & Speak", dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Información e inscricións:
http://www.edu.coruna.es/libro_dixital_2013_2014/fichas_de_solicitude
Normas de entrada e saída de actividades extraescolares:

Actividades realizadas no edificio de Primaria: JUDO, TEATRO, COCIÑA, XOGOS DE MESA, ARTES PLÁSTICAS, INFORMÁTICA
- Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade.
- Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto.
Actividades realizadas no Pavillón: XIMNASIA RÍTMICA, AERO-ZUMBA, HOCKEY, FÚTBOL E BALONCESTO
- Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade.
- Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida a entrega no pavillón.
NOTA: Os pais non poden acceder ao polideportivo e ao colexio durante as actividades.
A actividade de aero-zumba (martes e xoves de 17 a 18h.), é gratuíta durante o mes de setembro, só hai que pagar un seguro de 5 € por participante. Se se acode a outras actividades non é necesario pagar o seguro.