Saltar ao contido principal
Lembrámosvos que a partir de mañá, 11 de setembro, comezan tanto as actividades extraescolares como comedor e madrugadores.

ACTIVIDADES
Todas as actividades extraescolares comezan a partir do primeiro día de cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática, que en principio comezará en outubro, xa que están reformando a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean inscritos en informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Se estades interesados, avisade na ANPA.

Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de ximnasia rítmica.

Este curso vaise incorporar unha actividade nova: Aero-zumba, para todas as idades (infantil e primaria). Para dala a coñecer, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Podedes probar, e se vos gusta, inscribirvos a partir de outubro. Para poder asistir en setembro hai que anotarse no ANPA.

O primeiro día de cada actividade haberá unha presentación para as familias na que podedes consultar todas as dúbidas que teñades.


As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade.

Estamos pendentes da oferta municipal de actividades para solicitar outra vez a actividade de natación.

MADRUGADORES
O horario de atención a@s nen@s é de 7.30 a 9.00 da mañá. O horario de entrada no centro é de 7.30 a 8.30.

COMEDOR
Hai dúas quendas de saída: ás 15.25 ou de 15.45 a 16.00. Podedes indicarlle ao persoal en que horario preferides recoller @s nen@s.



Para calquera asunto relacionado con Comedor ou Madrugadores podedes poñervos en contacto coa Anpa, presencialmente ou por correo electrónico, ou coas oficinas de Jardanay: Menéndez Pelayo 12, 1ºIzda. A Coruña / Teléfono: 981 12 66 27 / fax: 981 120 805 (9:00 a 15:00 / 16:00 a 19:00);

Para facer uso do servizo de forma esporádica, hai que avisar ao teléfono da coordinadora (que vos faremos chegar nos próximos días) ou á oficina (981.126.627), antes das 13:00 do día no que se vaia facer uso do comedor/madrugadores. Os pagamentos en principio son por domiciliación bancaria, a non ser que acordedes outro sistema coa empresa.



No apartado "Comedor e madrugadores" do blog tedes máis información. Recordade que para calquera modificación, altas ou baixas hai que facelo antes do día 26 do mes anterior ao de uso do comedor.

Feliz inicio de curso!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.