Escola de nais e pais

Comezamos unha nova edición da Escola de Nais e Pais (ENP) do Anpa Milnenos/CEIP Emilia Pardo Bazán do presente curso. Despois do éxito acadado na anterior edición repetimos con moitas ganas de levar a todas as familias a posibilidade de aprender e mellorar.

Podedes revisar os temas e os contidos tratados en anteriores edicións nas seguintes ligazóns:

A ENP configúrase como unha serie de charlas e obradoiros prácticos nos que se tratarán temas de interese para as familias.

A ENP finánciase coas aportacións das familias socias do Anpa e coa colaboración das entidades seguintes:

- ONG Axuda en Acción a través do plan de actividades asinado co CEIP Emilia Pardo Bazán e Anpa Milnenos para o curso 2019/2020.
- CC Los Rosales coa cesión do local para a celebración do obradoiro de disciplina positiva

As inscricións nas sesións son gratuitas pra todos os socios/as,pero deberedes facer a incrición online a través da aplicación do ANPA. Por razóns de aforo entenderemos que a solicitude é para un adulto salvo que incribades a dous dos vosos fillos/as ou nos indiquedes nun mail outra cousa.

Iremos publicando no blogue toda a información que se vaia xenerando durante as xornadas, para que quede a disposición de todos nos.

Moitas grazas.

Calendario de eventos

EVENTODATASESTADO
Merendas responsables e sostibles25/10/2019 18:00-20:00Finalizada
Os menores na rede20/11/2019 18:00-20:00Finalizada
Disciplina positiva13/12/2019 16:00-20:00 e 14/19/2019 10:00-14:00Finalizada
Batch cooking saudable08/02/2020 11:00-12:30Finalizada
Xogos de mesa en familia29/02/2020 11:00-13:00Finalizada
Atrápame… se podes: acoso e ciberacoso25/03/2020 18:00-20:00Aberta
Primeiros auxiliosPendente de pechar datas

 

Inscricións

Todas as sesións son gratuítas para socios/as do ANPA Milnenos e doutras ANPAs da cidade. Tamén serán gratuítas para a EIM Los Rosales.

Temos servizo de canguros gratuito para nenos/as de 4º de EI en adiante.

Socios ANPA Milnenos
  • Preinscrición a través da aplicación do ANPA segundo se indica no apartado de Trámites do blogue.
  • Débese facer tamén a preinscripción no servizo de canguros si se desexa

Socios doutras ANPAs da cidade e EIM Los Rosales
  • Presincrición por correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando número de asistentes e si se fará uso do servizo de canguros 

 

Atrápame… se podes: acoso e ciberacoso

Datos das sesións
  • 25/03/2020 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio 
  • Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.

Poñentes

Montserrat Cerviño Cotelo.
Psicóloga Sanitaria. Coordinadora de Prevención de ADAFAD

Contidos

O acoso escolar, maltrato entre iguais ou bullying, estivo presente ao longo da historia,
ainda que adquiriu maior visibilidade nos últimos anos, debido, en gran medidad, a
unha maior sensibilidade social con respeto á violencia exercida a mulleres e menores,
producindo múltiples estudos que avalan a dimensión do problema.

Así, ao longo desta sesión de traballo abordaranse con nais e pais as características
particulares do acoso e ciberacoso, a situación actual dos mesmos e incidiranse nas
habilidades e recursos para a súa prevención, así como ante os seus primeros indicios,
se fose necesario.

 

Xogos de mesa en familia

Datos das sesións
  • 29/02/2020 11:00-13:00 na aula de cociña do CC Los Rosales

Poñentes

Ana Rodríguez
Crecer Creando

Contidos

Xogos de mesa en familia para practicar retos de lóxica, pensamento abstracto, cálculo mental e xeometría, á vez que nos divertimos.

As matemáticas non son unha materia, son a forma de comprender o mundo. Aprenderemos a ensinar Matemáticas da forma na que mellor se entende e aprende, xogando, coa marca coruñesa de xogos matemáticos Crecer Creando. O taller será impartido pola creadora dos xogos. Para que cada día aprender sexa o xogo máis divertido.

 

Batch cooking saudable

Datos das sesións
  • 08/02/2020 11:00-12:30 na aula de cociña do CC Los Rosales

Poñentes

Emma Enríquez
Nutriciona

Contidos

Obradoiro teórico-práctico de  batchcooking: aprenderemos a planificar o menú semanal familiar e prepararemos en 1.5 horas as comidas e as ceas de luns a venres e despois probaremos todo o que fagamos

 

Merendas responsables e sostibles

Datos das sesións
  • 25/10/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio

Poñentes

Emma Enríquez
Nutriciona

Contidos

Veremos a forma de mellorar a alimentación dos nosos fillos dende as merendas, diminuindo á súa vez os residuos para coidar o noso entorno.

 

Disciplina positiva

Datos das sesións

Primeira edición:
  • 13/12/2019 16:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
  • 14/12/2019 10:00-14:00 na aula de cociña do CC Los Rosales (a carón da oficina de Correos)
  • Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA
  • Servizo de canguros (só venres) para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.

Poñente

María Soto
Facilitadora certificada pola Positive Discipline Association
Membro de Disciplina Positiva España
Fundadora Educa Bonito en Disciplina Positiva http://educabonito.blogspot.com.es/
María Soto, de Educa Bonito, conduce a través de dos seus obradoiros a enerxía positiva a outras familias (A Voz de Galicia, 20/10/2017)


Contidos

A DISCIPLINA POSITIVA ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara a momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións, porque ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por sí mesmos e os demais, etc.

Algúns dos contidos que se tratarán son:
  • Alternativas responsables aos premios e castigos.
  • Actitude centrada en solucións.
  • Bullying na escola.
  • Celos e pelexas na casa.
  • Cómo inflúe a nosa actitude na súa educación.
  • Sentido de pertenza: reunións familiares e de aula.

 

Os menores na rede

Datos das sesións
  • 20/11/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
  • Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA
  • Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.

Poñente

Santiago Reboyras Martínez
Inspector do Corpo Nacional de Policía. Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Brigada Provincial Policía Xudicial da Coruña. Diplomado en Ciencias Policiais, Universidade de Salamanca (2001), Máster en ciberdelincuencia, Univerisad Nebrija (2017). Ao longo da súa carreira profesional foi  responsable de distintos grupos de investigación nos que desempeñou o cargo de Xefe de Grupo Operativo, nas áreas de Policía Xudicial e de Estranxeiría e Fronteiras. Dedicado á investigación dos delitos tecnolóxicos dende o ano 2005. O seu labor actual é a de dirixir, coordinar e impulsar a investigación dos delitos cometidos a través de internet e daqueles relacionados coa delincuencia económica, coordinando as investigacións máis complexas a nivel provincial. Entre os tipos delituosos investigados atópanse: a pornografía infantil, estafas na rede, redes sociais, ciberbullying, stalking, sexting, pharming, phishing, falsidades documentais, así como ataques de denegación de servizo, branqueo de capitais, descubrimento e revelación de segredos ou danos informáticos. Colabora habitualmente co Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade escolar do Ministerio do Interior e igualmente colaborou como relator con diversas institucións como son as Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela, a UNED, a Deputación Provincial da Coruña, Cruz Vermella, etc. Formou parte de misións internacionais relacionadas coa formación de Oficiais de Policía dedicados á investigación de delitos tecnolóxicos da Policía croata en Zagreb (Croacia).

Contidos

Vivimos nunha sociedade globalizada e que evoluciona de forma tan vertixinosa, que cada vez máis nais, pais e educadores sentimos inseguros á hora de afrontar os novos desafíos que supón educar a día de hoxe aos nosos fillos e fillas. O uso do móbil, Internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na Rede (grooming), supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A miúdo preguntámonos que teñen na cabeza os nosos fillos adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco na Rede, pero non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións.




Seguir por correo electrónico