Escola de nais e pais 2018/2019
Calendario de eventos
Disciplina positiva
Datos das sesións- Datas: 19/10/2018, 18:00-20:00
- Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA. Poderán ir ambos tutores dado que o aforo é a capacidade do SUM.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
- 26/10/2018 16:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- 27/10/2018 10:00-14:00 na aula de cociña do CC Los Rosales (a carón da oficina de Correos)
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
María Soto
Facilitadora certificada pola Positive Discipline Association
Membro de Disciplina Positiva España
Fundadora Educa Bonito en Disciplina Positiva http://educabonito.blogspot.com.es/
María Soto, de Educa Bonito, conduce a través de dos seus obradoiros a enerxía positiva a outras familias (A Voz de Galicia, 20/10/2017)
Contidos
A DISCIPLINA POSITIVA ofrece respostas e ferramentas prácticas para dirixir os retos diarios dos nosos nenos cara a momentos de aprendizaxe para a vida. Baseada na amabilidade e a constancia, céntrase na procura de solucións e o manexo respectuoso das emocións, porque ensina e motiva ós nenos a que descubran as súas propias capacidades. Aporta un clima de cooperación nos fogares e nas aulas e guía ós nenos no desenvolvemento de habilidades como o autocontrol, a resolución de conflitos, a empatía e a tolerancia, o respecto por sí mesmos e os demais, etc.
Algúns dos contidos que se tratarán son:
- Alternativas responsables aos premios e castigos.
- Actitude centrada en solucións.
- Bullying na escola.
- Celos e pelexas na casa.
- Cómo inflúe a nosa actitude na súa educación.
- Sentido de pertenza: reunións familiares e de aula.
Os menores na rede
Datos das sesións- 22/11/2018 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñente
Santiago Reboyras Martínez
Inspector do Corpo Nacional de Policía. Xefe do Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica, Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Brigada Provincial Policía Xudicial da Coruña. Diplomado en Ciencias Policiais, Universidade de Salamanca (2001), Máster en ciberdelincuencia, Univerisad Nebrija (2017). Ao longo da súa carreira profesional foi responsable de distintos grupos de investigación nos que desempeñou o cargo de Xefe de Grupo Operativo, nas áreas de Policía Xudicial e de Estranxeiría e Fronteiras. Dedicado á investigación dos delitos tecnolóxicos dende o ano 2005. O seu labor actual é a de dirixir, coordinar e impulsar a investigación dos delitos cometidos a través de internet e daqueles relacionados coa delincuencia económica, coordinando as investigacións máis complexas a nivel provincial. Entre os tipos delituosos investigados atópanse: a pornografía infantil, estafas na rede, redes sociais, ciberbullying, stalking, sexting, pharming, phishing, falsidades documentais, así como ataques de denegación de servizo, branqueo de capitais, descubrimento e revelación de segredos ou danos informáticos. Colabora habitualmente co Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade escolar do Ministerio do Interior e igualmente colaborou como relator con diversas institucións como son as Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela, a UNED, a Deputación Provincial da Coruña, Cruz Vermella, etc. Formou parte de misións internacionais relacionadas coa formación de Oficiais de Policía dedicados á investigación de delitos tecnolóxicos da Policía croata en Zagreb (Croacia).
Contidos
Vivimos nunha sociedade globalizada e que evoluciona de forma tan vertixinosa, que cada vez máis nais, pais e educadores sentimos inseguros á hora de afrontar os novos desafíos que supón educar a día de hoxe aos nosos fillos e fillas. O uso do móbil, Internet, as redes sociais, os videoxogos, o ciberacoso, o sexting ou as novas formas de pederastia na Rede (grooming), supoñen un escenario verdadeiramente incerto e complicado que fai que ás veces non sexamos conscientes de determinados riscos ou, simplemente, que non saibamos ben como responder ante determinadas situacións. A miúdo preguntámonos que teñen na cabeza os nosos fillos adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco na Rede, pero non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións.
Obradoiro de etiquetado nutricional
Datos das sesións- 30/01/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Emma Enríquez
Susana Rodríguez
Nutriciona
Contidos
¿Sabes intepretar etiquetas? Aprende a ler o etiquetado nutricional sen que te enganen.
Obradoiro de almorzos e merendas saudables
Datos das sesións- 16/02/2019 10:00-14:00 no aula de cociña do CC Los Rosales (á carón da oficina de correos)
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Emma Enríquez
Susana Rodríguez
Nutriciona
Contidos
Descargar ebook de almorzos e merendas saudables
Odontopediatría
Datos das sesións- 11/03/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Ana del Llano, odontopediatra, especialista en bebés e nenos.
Contidos
Falaremos
de todo lo relacionado coa saúde bucodental dos nosos nenos e case
adolescentes: hixiene, prevención, maloclusións, ortodoncia, caries...
Nas dúas horas que dura a charla, teremos tempo, despois da exposición
inicial, de consultar as posibles dúbidas que teñamos en relación aos
temas tratados.
Prevención do acoso escolar (bullying, ciberbullying, ...)
Datos das sesións- 26/03/2019 18:00-20:00 no SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio
- Inscrición: só para socios/as. A través da aplicación do ANPA.
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñente
Patricia Gómez Salgado
Doutora en Psicoloxía (2015), Máster en Xestión e Dirección de Centros de Servizos Sociais (2014) e Máster en Saúde Pública (2016). Dende 2012 forma parte da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade compaxina a súa actividade investigadora e docente no ámbito académico co traballo como psicóloga na Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia), sendo tamén colaboradora da Fundación INGADA (Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade e trastornos asociados). Participou en máis dunha quincena de proxectos de investigación e a súa tese doutoral desenvolveuse baixo o título Ou uso problemático da internet e as Novas Tecnoloxías en adolescentes galegos. Ademais desta liña focalizada na detección precoz, screening e prevención do uso problemático da internet entre os menores, participa noutra emerxente sobre ciberacoso e unha terceira enmarcada na prevención do consumo abusivo de alcol entre os adolescentes, o que a levou a realizar unha estancia de investigación no Boston Children’s Hospital (Harvard Medical School), así como un curso de especialización no European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction. É autora de diferentes artigos científicos nalgunhas das revistas de maior prestixio internacional (como Cyberpsychology, Behavior, and Social Networking ou Computers in Human Behavior), revisora de revistas nacionais e internacionais e conta con numerosas achegas en congresos científicos e simposiums profesionais. Ademais imparte talleres de formación e sensibilización tanto a educadores, nais e pais, como a adolescentes, e é docente e conferenciante en cursos e seminarios sobre a adolescencia en entidades como a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou no programa de Formación Continuada a Distancia (FOCAD) do Consello Xeral da Psicoloxía de España (COP).
Contidos
Trataremos de coñecer cal é o estado da cuestión actualmente e cal é a prevalencia deste fenómeno entre os nosos menores. Falaremos da que nos referimos cando falamos de acoso e ciberacoso, de cales son as súas semellanzas e particularidades, así como dos sinais de alerta ás que habemos de estar atentos e atentas para poder detectar se o noso fillo ou filla está a ser acosado e/ou está a acosar. Tamén se abordarán diferentes variables asociadas a estas condutas e estratexias de prevención que poñer en marcha.
Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)
Datos das sesións- Sesión: 30/04/2018, 16:00-18:00
- Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria
- Inscrición: dispoñible a través da aplicación do ANPA
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñente
Marina Pérez – Lafuente Moyá (profesora de CEE Bata – Os Mecos)
Contidos
Concienciar e formar ás familias socias coa mellora da Calidade de Vida das persoas con discapacidade intelectual.
O cambio a secundaria e clausura
Datos das sesións- Sesión: 29/05/2019, 18:00-20:00
- Ubicación: SUM (Salón de Usos Múltiples) do colexio de primaria
- Inscrición: dispoñible a través da aplicación do ANPA
- Servizo de canguros para os nenos: alta a través da aplicación do ANPA.
Poñentes
Xoel Graíño González (ex-alumno do CEIP)
Elisa Vázquez Vázquez (PT do Departamento de Orientación do IES Salvador de Madariaga)
Nais contando experiencias de primeira man
Dirección do CEIP e persoal do ANPA
Contidos
A primeira parte trátase dunha xornada especialmente dirixida aos nenos e nenas de 6º de primaria e ás súas familias. Recomendamos por iso que nesta actividade participen os nenos e nenas e as súas nais e pais.