Saltar ao contido principal

SALVEMOS O COLE AZUL


 Ligazón para votar

Chegamos á última fase dos orzamentos participativos para poder cambiar as xanelas do cole azul. Grazas á vosa colaboración, non só fomos a opción máis votada do distrito 5, senón que fomos os máis votados de todos os distritos!!

Pero... a loita continúa. Non vai a ser doado. Ata o día 30 de novembro comeza a campaña de votación pola opción máis votada de todos os distritos para levar a cabo a mellora.

Esta vez, o voto pode ser telemático ou presencial e dende calquera parte da cidade e pódese votar a calquera distrito. Volvemos dicir, non nolo están a poñer doado. Nos centros cívicos de voto presencial non está o dos Rosais. Pode votar calquera persoa maior de 16 anos empadroada na cidade.

Sabemos que podemos ser insistentes co tema, pero é polo ben das actividades extraescolares. 

O cole azul está en risco, e non somos coma outros colexios que dispoñen dun pavillón propio onde facer actividades extraescolares. Este é o espazo que temos para conciliar, temos que pelexar por él. 

Somos 600 familias socias, debería haber 600 votos!! Imos levantar a voz. 

Votade, difundide, compartide!!!!!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.