CAFÉ LITERARIO:"COMPROMETIDAS CO BO TRATO"



Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convidánnos a participar no programa que se desenvolverá no marco da campaña do 25 de Novembro, “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.

CAFÉ LITERARIO: “COMPROMETIDAS CO BO TRATO”

Encontros en formato coloquio con autoras comprometidas coa igualdade e a prevención da violencia de xénero. É preciso inscribirse: https://form.jotform.com/223134694975365

  • Café Literario con Nuria Coronado e Laura Strego, autoras do libro “Lolita contra el lobo”. Presentado e moderado por Bárbara G. Vilariño. 18 de novembro, ás 19:00h, na Biblioteca Monte Alto.
  • Café Literario con María Murnau, autora do libro de poesía “No puedo vivir sin mi”. Presentado e moderado por Priscila Retamozo. 24 de novembro, ás 19:00h, no Centro de Información ás Mulleres.
  • Café Literario con Towanda Rebels (Teresa Lozano e Zua Méndez), coordinadoras do libro "No somos princesas, somos guerreras: cuentos feministas para un nuevo mundo". Presentado e moderado por Priscila Retamozo. 12 de decembro, ás 19:00h, na Biblioteca Castrillón.


Publicacións populares deste blog

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

20 Edición: Durme no forum

Colares de Zonchos