CICLO DE CONVERSAS: "COMPROMETIDAS COA IGUALDADE".



Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convidánnos a participar no programa que se desenvolverá no marco da campaña do 25 de Novembro, “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.


CICLO DE CONVERSAS: "COMPROMETIDAS COA IGUALDADE".

Conversas nas que persoas especialistas en violencia de xénero e no traballo coa poboación adolescente, abordarán diferentes aspectos de interese relacionados coa detección, prevención e a intervención nesta materia (conversas abertas a público en xeral ata completar aforo):


  • Conversa con Diana Díaz Álvarez: “Abordaxe da saúde emocional con menores vítimas de violencia de xénero e os abusos sexuais na infancia”. 21 de novembro, ás 18:30h, no C.C. Os Mallos.
  • Conversa con Carmen Ruíz Repullo: “Coeducación e construción de relacións igualitarias”. 28 de novembro, ás 17:30h, no Fórum Metropolitano.
  • Conversa con Lluís Ballester Brage: “As características, o consumo e as consecuencias da nova pornografía online entre adolescentes e mocidade”. 2 de decembro, ás 18:30h, no C.C. Os Mallos.




       

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S