Información para as inscricións do novo curso 2019/20

Alta de novos socios 

Prazos: dende o 10 de xuño

As familias do alumnado de novo ingreso no centro que desexen darse de alta na Asociación de Nais e Pais (ANPA Milnen@s) poden facelo non seguinte ligazón: https://milnenosgalego.blogspot.com/p/tramites.html dende o 10 de xuño. A presentación será exclusivamente telemática, aínda que vos podedes pasar polo local no seu horario habitual para que vos axuden coa tramitación telemática.
Recordarvos que os socios pagarán un prezo inferior de comedor, actividades e campamentos e poderán asistir ás numerosas charlas gratuítas da Escola de Nais e Pais (con servizo de canguros gratuíto) e ás festas organizadas pola asociación.

Renovación de socios, alta en actividades e comedor

Prazos: dende o 8 de xullo

A presentación será exclusivamente por vía telemática tal e coma se indica no apartado de Trámites. en setembro vos podedes pasar polo local no seu horario habitual para que vos axuden coa tramitación telemática.


Publicacións populares deste blog

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S

Colares de Zonchos