Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas. Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado. O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio. É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.
Este curso estreamos aula de robótica, grazas á doazón de equipos feita pola empresa tecnolóxica Indra . A situación da actividade de robótica era crítica pola obsolescencia e mal funcionamento dos equipos dispoñibles para a mesma. Para mostra, un exemplo da aula do ano pasado Agredecemos a colaboración de Indra, de Nuria e Lázaro para as xestións e o transporte do material e do CEIP para a súa preparación e instalación na rede. O resultado o tendes no resto das fotos. ¡Moitas grazas a todos!
Atrévete a pasar unha finde diferente! 🧑🧑🧒🧒 A quen vai dirixido: menos entre os 6 e os 11 anos. 🗓️ Do 30 de novembro ao 1 de decembro 📝 Inscricións: A partir de hoxe (xoves 7) ata o venres 8 de novembro ás 20:00*h. 🕢 Recepción de participantes o 30 de novembro ás 19h. Recollida o 1 de decembro ás 13h. 📍Forum Metropolitano 🎟️ 25€/participante inclúe cea e almorzo. ℹ️ Máis información e descarga de formulario de inscrición en: https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/axenda-eventos/evento/20-edicion-durme-no-forum-forum-ao-reves/suceso/1453879416665?argIdioma=gl