Eventos de fin de curso
Desde o ANPA Milnen@s, facémosvos un pequeno
resumo das actividades de final de curso que levamos a cabo tanto para
as familias socias como para as familias que non son socias. Unha vez
pasada a diversión das exhibicións de fin de curso das nosas actividades
extraescolares, a última semana de curso é tempo de celebración de toda
a comunidade escolar.
Desde o ANPA realizamos a impresión das orlas tanto de 6º de EP, como de último ano de EI, para que cada neno dos devanditos cursos poida levar un recordo material do seu paso polo CEIP.
Ademais, a festa de fin de curso que se celebrará durante toda a mañá do venres, corre tamén a cargo do ANPA, coa colaboración da empresa de lecer educativo Serocio. Teremos unha mañá chea de xogos, inchables, talleres e outras actividades de lecer, nas que participará todo o colexio.
Finalmente, ese mesmo venres tamén en horario de mañá, terá lugar a gradación do alumnado de 6° de EP, un acto semi formal que contará a actuación do Mago Benxamín, contratado tamén polo ANPA.
Esperamos que os pequenos gocen moitísimo!