Saltar ao contido principal

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA COMPRAR LIBROS - Curso 2016/2017

No DOG do pasado luns ven de publicarse a orde de axudas para adquirir libros para o vindeiro curso:

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.pdf

En relación ao banco de libros, o Fondo solidario de libros é unha cuestión agora atribuida ás direccións dos centros, á que podedes ceder os materiais que consideredes reutilizables. O centro dispón de unha aplicación informática para xestionar o dito fondo de libros.

En concreto, o Fondo Solidario de Libros está regulado na Disposición Adicional Terceira (http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.pdf

Disposición adicional terceira. Composición e xestión do fondo solidario de libros de texto dos centros docentes sostidos con fondos públicos 

1. Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberándispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por: 

a) Todos os libros de texto e/ou material reutilizable procedente do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto do curso 2015/16, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver. 
b) Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo.

2. Os centros docentes sostidos con fondos públicos desenvolverán as funcións de xestión do fondo previstas nesta orde, e poderán solicitar a colaboración da ANPA para realizar as funcións de recollida dos libros de texto, inventario, clasificación e entrega dos libros ao alumnado. 

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.