Celébrarase o sábado 7 de maio, en horario ininterrompido de 11 da mañá a 7 da tarde, no Parque de Santa Margarita (arredor da Casa das Ciencias) na Coruña, organizada pola “Asociación de Amigos da Casa das Ciencias”.
Os principais protagonistas son centros docentes, públicos e privados de toda Galicia, que achegan os coñecementos e procedementos científicos á cidadanía, propoñendo e presentando ao público o seu propio Programa de actividades e experimentos, da man do seu alumnado. A “Romaría da Ciencia” está aberta tamén a centros e institucións que desexen presentar o seu traballo á cidadanía.
Nesta 21ª edición participarán:
- 31 Centros docentes: 16 centros de EP, 10 IES, 4 escolas infantís e 2 Faculdades/Escolas universitarias.
- 9 Institucións, entre as que se atopa o Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Federación provincial de ANPAs de centro públicos, presentará experiencias ao redor da Astronomía.
+ INFO: