Saltar ao contido principal

Aclaración prezos campamentos e outras consultas

En relación coas consultas plantexadas sobre o campamento e en particular sobre os prezos cómpre aclarar:

1.- Os prezos do campamento redúcense en todas as quendas/tramos agás no formato catro semanas. A razón é que este ano coincide que xullo tamén ten 4 semanas polo que os prezos son iguais para os usuarios, pero non para o Anpa, que asume un prezo superior, por ser un mes completo fronte ao formato de catro semanas (custos salarias da empresa, etc). Por iso optouse por reducir en relación ao ano pasado o prezo en xullo (baixa 10 euros) e incrementar o de 4 semanas (sube 5 euros)

2.- ¿Os socios/as que van a madrugadores e comedor pagan máis que o ano pasado? Efectivamente. Como xa se explicou nas Asambleas do ano pasado, no primeiro campamento por un "erro" na convocatoria, os prezos a pagar non incluiron o prezo dos monitores de comedor, prezo que para evitar problemas asumiu o Anpa (e que xerou un déficit asumible pero relevante nas contas do campamento).

Este ano os usuarios de madrugadores e comedor asumen o coste do servizos de xeito completo, polo que o importe sube de 3,5 a 5 € día no caso de comedor. Do contrario asumirían ese importe todos os socios/as e parece máis lóxico que, participando aproximadamente un 10 % dos socios/as do Anpa, se destinen os remanentes do Anpa a outras inversións pendentes. Lamentamos os problemas que o anterior poida ocasionar pero consideramos que é un mellor reparto

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.