Convocatoria Bolsas comedor Concello A Coruña


Hoxe martes 5 de abril de 2016, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016-2017.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

Na propia convocatoria, que se achega en pdf, figuran os Anexos 1 e 2 que se deben presentar, debidamente cubertos e asinados, xunto co resto da documentación xustificativa que se recolle na Base 8 da convocatoria. Achéganse por separado por se son de interese.

Aínda que gran parte dos requisitos e condicións manténse como en convocatorias anteriores, cómpre sinalar a principal, que é que tódolos centros públicos de infantil e primaria (CEIP), secundaria (IES) e de educación especial (CEE, sexa cal sexa a súa titularidade), teñencobertura TOTAL do coste do seu comedor escolar. Inclúese polo tanto o IES Elviña (o único con comedor) e o CEE Ntra. Sra. de Lourdes-Aspronaga, centro de educación especial concertado.

A información e os impresos pódénse obter na web municipal de servizos sociais
(www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Programa municipal de traballo con familias
Concello da Coruña

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024