Aplicación informática de xestión para o Anpa

A directiva do Anpa Milnenos ten previsto poñer en marcha unha web que inclúa un aplicativo informático "en liña" antes do 1 de xuño para as actuacións para o curso 2016/2017. Deberá incluír os seguintes "contidos/módulos" de acordo cos formularios que emprega actualmente o Anpa e que constan no blogue:

- alta, renovación e baixa de socios/as
- altas, modificacións e baixas en actividades extraescolares
- altas, modificacións e baixas no servizo de comedor
- acceso e modificación de datos persoais dos socios/as
- formulario de queixas e suxestións
- Xeración de listaxes de asistentes a actividades e a comedor
- Xeración de listaxes para cobro mensual de actividades
- Pasarela de pagamento con tarxeta/TPV virtual
- outras melloras

O "contrato" incluirá a programación e posta en funcionamento da web/aplicativo así como o soporte e mantemento durante un período dun ano, prorrogable por outro ano máis. O contrato incluirá a adquisición polo Anpa do código fonte da aplicación

Nesta entrada do blogue actualizaremos os datos necesarios. Para aquelas empresas interesadas poderán dirixirse ao mail milnenos@gmail.com.

Coas empresas interesadas celebraranse reunións previas para dar a información necesaria para presentar unha oferta, coa finalidade última de que o Anpa seleccione a mellor oferta antes do 1 de maio, polo que a empresa disporá aproximadamente dun mes para elaborar o proxecto.

Non se admitirán proxectos que inclúan plantillas non adaptados ás necesidades do Anpa ou que non inclúan no prezo o programa, o aloxamento e o mantemento, sexa pola propia empresa ou subcontratas

Agradeceremos que se poña esta información en coñecemento de posibles interesados

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024