Actividade gratuita. Magic the Gathering (12 de abril)

O martes 12 de abril terá lugar unha iniciación a Magic, en dúas quendas, o primeiro de 16.00  a 17.00 e o segundo ao terminar este ata as 18.00. Actividade dirixida aos alumnos, pero que poden asistir pais e nais interesados, a idade mínima é de 8 anos e poden vir sós (imprescindible entregar o consentimento cuberto). 

Magic é un xogo de cartas coleccionable no que nos poñemos na pel dun Camiñante de Planos para vencer a outros Camiñantes usando unha serie de feitizos. 



Durante esta iniciación ensinarase o básico e necesario para introducirse nos  planos deste xogo. Os puntos que se tratarán durante cada quenda (repetirase o mesmo) son:

1) Explicación básica do xogo: 

- Tipos de cartas. 

- Como funciona a quenda. 

- Diferentes formas de gañar a partida

2) Partidas de mostra. Para iso entregaráselle a cada asistente  un mazo de mostra gratuíto, polo que non é necesario traer ningunha carta nin coñecer o xogo con anterioridade.

3) Quenda de preguntas e respostas. Se tedes dúbidas concretas sobre o xogo, este é o momento. Ademais, todos os pais e/ou nais que queiran e poidan asistir agradeceríaselles a súa presenza para explicar os valores educativos e sociais do xogo, ademais de tamén responder ás posibles dúbidas que poidan ter relacionadas co mundo de Magic.

Todos os interesados en asistir, poden solicitar o formulario no local ou descargalo do enlace para apuntarse (entregando no local o impreso ou deixándoo no buzón). Lembrar que é unha actividade para que participen os alumnos, pero que calquera pai ou nai será ben recibido.  Ademais de poder deixar as dúbidas no formulario, poden poñerse en contacto co organizador ou ben por correo electrónico ou ben por teléfono. Os datos de contacto pódense atopar no formulario.

FORMULARIO:
https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ZHN0YzhfQUxBVENLQnRTNUJZWHl2Y0xVYUg4/view?usp=sharing

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024