Enquisa sobre acoso escolar

Co fin de coñecer en maior profundidade a incidente e gravidade dos casos de acoso escolar, así como as respostas ofrecidas tanto desde os centros educativos como desde as familias, Fedapas quere realizar un estudo interno promovido por CEAPA (Confederación española de APAs de Centros Públicos) entre nosas Anpas.

Para iso, elaboraron un cuestionario anónimo con distintas preguntas relacionadas co acoso escolar. Rogamos a vosa colaboración que consiste en que as familias participen. A enquisa, unha vez cumprimentada, e para garantir o anonimato poderanse entregar na caixa de correos do Anpa e nós remitirémolas a fedapas

A data tope para recibir as enquisas é o 14 de abril. Agradeceriámosvos o voso interese tanto para cumprimentalo como para difundilo entre as familias,  e así contar coa maior información posible.

https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0SU82NWgzWkpoNHlrVV93VXhuWFg1MlBLSjhz/view?usp=sharing

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024