Blog da Anpa Milnen@s do CEIP Emilia Pardo Bazán (Os Rosais, A Coruña)
Campaña de Recollida de portabebés para Siria
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Unha das nais do Anpa remite a seguinte información (en función de aqueles que estedes interesados en colaborar, poderíamos recollelos no local do Anpa e artellar como levalos despois a Santiago):
Zoncho é unha palabra galega que designa ás castañas cocidas. Na nosa cultura a vida e a morte sempre foron da man festexando a memoria dos que xa non están a través de rituais que nos conectan co noso pasado. O día 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, a tradición en Galicia adquire un maiz especial coa celebración en honra aos defuntos. É aquí onde adquire protagonismo o colar de zonchos, a tradición cóntanos que cada unha dsas castañas comidas do colar representaba unha alma que fora liberada do purgatorio. É unha tradición moi arraigada que acompaña ao Samaín e ao Magosto e que nos lembra a profunda conexión que temos en Galicia co noso pasado. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que fixeron os nosxs pequenxs de primaria cos seus marabillosos colares de zonchos.
Prezadas familias: Informámosvos que, coma en anos anteriores, convocamos 6 axudas de comedor en colaboración con Jardanay para o curso 2024/2025. Agradecemos a vosa paciencia co pequeno retraso, debido ao prolongado proceso das bolsas municipais. Podedes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace: Bases convocatoria bolsas comedor 2024-25 Calquer dúbida, suxerencia ou aclaración estamos aquí para axudarvos! Grazas
Xa está aberta a aplicación para facerse socios e socias para o vindeiro curso! Lembramos que é requisito para utilizar os servizos que prestamos. E se non precisas ningún servizo pero *si queres* mellorías no cole... Xa sabes, faite soci@!!