Saltar ao contido principal

Concurso de debuxo: "debuxando sorrisos sans"

A Clínica Dental Pablo Varela, situada no noso barrio, vai participar no 1º Concurso de Debuxo "debuxando Sorrisos Sans", organizado pola Asociación Debuxando Sorrisos Sans en colaboración coa Asociación de Estudantes de Odontoloxía de Santiago de Compostela e do Colexio Profesional de Higienistas.

Publicamos a información que nos enviaron:

Poden participar todos os niñ@s de primaria do colexio sen necesidade de que sexan pacientes da Clínica, o único requisito é que fagan o debuxo e entrégueno na nosa clínica.

O obxectivo é que os nenos realicen unha actividade lúdica mentres promovemos os hábitos saudables en relación á saúde bucodental

Trátase dun concurso de debuxo para niñ@s de primaria, para participar só teñen que realizar un debuxo dun tema relacionado coa saúde bucodental e/ou coa visita ao dentista, nun folio tamaño A4, anotando por detrás do debuxo o nome e apelidos do niñ@, curso, nome do colexio, localidade, provincia e clínica dental que o representa.

Valorarase de forma moi positiva que inclúan un lema ou título que fomente a Saúde Bucodental e/ou a visita ao dentista.

Estes debuxos pódenos realizar en casa ou na clínica e serán entregados polo neno na nosa clínica, onde recibirán un pequeno obsequio e realizaráselles unha foto co seu debuxo para poñela nas redes sociais (a só efecto do concurso de debuxo, sen ningún outro fin comercial e/ou lucrativo).



Anexamos o cartel do concurso e as bases para que teñades toda a información




Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.