Saltar ao contido principal

Mini Maratón Atlántica 2015


Cartel Mini maratón co lema
Co obxectivo de impulsar o deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade coruñesa, o Concello da Coruña, a través da Concellería de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, organiza o próximo 18 de abril o primeiro Mini Maratón Atlántica. As carreiras, cuxa inscrición é gratuíta, forman parte da programación de actividades do Maratón Atlántica Coruña42.
As probas disputaranse na mañá do sábado 18, entre as 11.00 e as 13.30 horas aproximadamente, no novo Paseo do Parrote. Estarán divididas en nove categorías segundo as idades das persoas participantes. Como vén sendo habitual nas carreiras organizadas polo Concello, poderán tomar a saída dende a mocidade menor de 18 anos ata pitufos. Mentres que o primeiro grupo correrá un total de 2.400 metros, os máis pequenos, nacidos dende o 2008 ata o 2015, percorrerán 125 metros e poderán estar acompañados por adultos en casos estritamente necesarios. Desta forma, e grazas a esta iniciativa, os menores tamén poderán participar no seu particular Coruña42.
CATEGORÍASANO DE NACEMENTO
XuvenilNados/as no ano 1998/1999
CadeteNados/as no ano 2000/2001
InfantilNados/as no ano 2002/2003
AlevínNados/as no ano 2004/2005
BenxamínNados/as no ano 2006/2007
PitufosNados/as no ano 2008 e posteriores
As inscricións do Mini Maratón Atlántica son gratuítas e efectuaranse, única e exclusivamente, a través da web www.championchipnorte.com. Cada categoría contará cun número de prazas determinado, 100, fóra dos pitufos, que verá ampliada a participación en función do ano de nacemento.
Continuando a liña establecida pola concellería en relación á carreira Coruña10 e que sitúa o deporte como unha ferramenta para a educación e creación de hábitos saudables, convocarase un premio entre os centros escolares para fomentar a participación. O colexio que máis alumnos inscriba no I Mini Maratón Atlánticarecibirá 500 euros en material deportivo.
HORARIO DE REALIZACIÓN E RECOLLIDA DE DORSAIS
O Mini Maratón Atlántica realizarase nun circuíto cerrado no Novo Parrote, e cada categoría tomará a saída noseguinte horario:
CATEGORÍAHORARIODISTANCIA
Xuvenil e cadete feminina11.00 h2.400 m aprox.
Xuvenil e cadete masculino11.20 h2.400 m aprox.
Infantil feminina11.40 h1.600 m aprox
Infantil masculina11.55 h1.600 m aprox.
Alevín feminina12.10 h800 m aprox.
Alevín masculina12.20 h800 m aprox
Benxamín feminina12.30 h800 m aprox
Benxamín masculina12.40 h800 m aprox.
Pitufos (quendas necesarias)12.50 h125 m aprox.
recollida de dorsais será obrigatoria e realizarase o venres, de 17 a 22 horas en Exporunning, evento que estará situado no Palacio de Exposicións e Congresos Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 – A Coruña), e o sábado 18 no Paseo do Parrote ata unha antes do inicio de cada carreira.
Mini Atlántica premiará a todos e todas as súas participantes coa súa medalla de finisher, da mesma maneira que se fará ao día seguinte, 19 de abril, a todas as persoas participantes que logren finalizar os 42.195 metros, e cruzar a meta de Mª Pita.
Coruña42 é moito máis que un maratón, e a Mini Atlántica xa forma parte do seu programa de actividades.
Pode descargar o regulamento no pé de páxina.
OUTROS CONTIDOS RELACIONADOS

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.