Saltar ao contido principal

CAMBIO DE EDIFICIO

Como sabedes, á volta das vacacións de Semana Santa entrará en funcionamiento o novo edificio no colexio, e polo tanto hai cambios na organización de entradas e saídas para @s alumn@s de comedor e madrugadores.

O colexio enviou unha circular e podedes ver os planos na web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/438

Entrada en Madrugadores: entrar pola porta corredeira do novo edificio de infantil (situada ao carón do semáforo e do paso de cebra) e dirixirse directamente á porta principal de entrada do comedor.

Saída de comedor: os pais e nais entrarán pola porta corredeira do novo edificio e recollerán @s nen@s nas seguintes portas:
  • Infantil: porta que dá ás pistas deportivas inferiores
  • Primaria: porta principal do novo edificio de infantil (porta que dá ao edificio de primaria)

Actividades extraescolares: non hai cambios. Os monitores trasladarán @s nen@s de comedor ás actividades.

Lembrade que hai que avisar á coordinadora de comedor antes das 15:00 do mesmo día se varía o horario habitual de recollida ou @s nen@s non van a actividades. Tamén hai que avisar antes das 15:00 horas da previsión de recollida de alumnado na quenda das 15.25 horas.

Avisade tamén á coordinadora cando por motivos extraordinarios non vaiades chegar a tempo á recollida ou @s nen@s vaian facer uso da biblioteca ata que cheguen os pais e nais.

Hai que autorizar verbalmente ou por escrito para a recollida ás persoas que non sexan pais, nais ou titores.

Teléfono da coordinadora de madrugadores e comedor: : 637764388
Horario de atención a pais/nais da coordinadora:
09:00 horas - porta principal do comedor
13:30-14:00 horas - porta principal do comedor
14:25 e 15.45 horas - porta principal do comedor

Pedímosvos paciencia e comprensión nos primeiros días do novo sistema e a vosa colaboración para que todo funcione normalmente.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.