Cambio da xunta directiva

Onte, 20 de abril, tivo lugar a asemblea extraordinaria para ratificar o nomeamento da nova directiva da Anpa. Os cargos quedan así:


Pablo Peteira Otero - Presidente
Marcelo Chouza Insúa - Vicepresidente
Jacinto Álvarez Somoza - Secretario
Isabel Andón Carneiro - Tesoureira
Ana Vázquez Fernández - Vogal responsable de actividades extraescolares
Sara Cainzos Cuenca - Vogal representante de comedor
Eva González Souto - Vogal representante no Consello Escolar

Os membros da directiva que deixamos os nosos cargos queremos despedirnos e agradecer o apoio e a colaboración das familias socias da Anpa, d@s que vos involucrastes asistindo ás asembleas, facendo comentarios e suxestións, e tamén de toda a comunidade educativa do centro (equipo directivo, profesorado, conserxes, persoal de limpeza...) e das empresas que colaboraron con nós. 

Foron dou anos  moi intensos pero moi gratificantes. Esperamos ter feito un bo traballo e animámosvos a participar activamente na vida do cole. 

Á nova xunta directiva, desexámosvos moita sorte na etapa que empezades e queremos lembrarvos que podedes contar coa nosa axuda cando a  necesitedes.

¡Grazas a tod@s!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S