ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ANPA MILNEN@S

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ANPA MILNEN@S


Segundo o aprobado na asemblea Xeral Extraordinaria realizada o 24 de febreiro de 2015:


Convócanse as eleccións da Xunta Directiva da Anpa Milnenos do Colexio Emilia Pardo Bazán. Poderán presentar a súa candidatura aquelas/es socias/os que figuren no censo da Anpa no momento de pechar o prazo de presentación de candidaturas e co sistema de lista abertas. As/os interesadas/os deberán presentar a súa candidatura na sede da Anpa ou por correo electrónico con este formulario.


Segundo os estatutos, o número de membros para a directiva da Anpa é de 7. No caso de que só se presenten 7 candidatas/os, convocarase unha asemblea xeral extraordinaria para comunicar a nova xunta directiva; de haber máis do número mínimo para formar a Xunta Directiva, farase unha votación.


CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL
  • do 26 de febreiro ao 10 de marzo: prazo de presentación de candidatas/os.
  • 11 de marzo: publicación da lista provisional de candidatas/os.
  • 12-13 de marzo: prazo para presentar reclamacións.
  • 16 de marzo: publicación lista definitiva.
  • Se hai máis de 7 candidatas/os: do 17 ao 23 de marzo, campaña electoral.
  • 24 de marzo: votación no Colexio Emilia Pardo Bazán de 16:00 a 20:00h.
  • 25 de marzo: publicación​​ de resultados.
  • do 26 ao 27 de marzo: período de reclamacións e publicación do resultado definitivo.


A data da ASEMBLEA XERAL para ratificar a nova Xunta Directiva será na semana do 7 de abril de 2015.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S