Eleccións Anpa 2015

Botamos o peche!!!


Como sabedes, está aberto o prazo para formar parte da nova xunta directiva da Anpa, xa que pasaron 2 anos das últimas eleccións.



Polo momento só se inscribiron 3 candidatos, pero necesitamos 7.


Lembrade que se non segue funcionando a Anpa podemos atoparnos o curso que vén sen servizos fundamentais como o comedor, madrugadores, actividades extraescolares, chándal, e ademais sen representación das familias no colexio, sen festas de entroido, fin de curso, etc.

Somos máis de 300 familias asociadas, seguro que polo menos algún de vós pode adicarlle un pouco de tempo a colaborar... A Anpa necesita xente con ideas novas e ganas de participar activamente na vida escolar d@s seus fill@s.

Podedes presentarvos individualmente ou en grupo.

Animádevos a participar, é polo ben de tod@s!

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S