Eleccións 2015

Onte, día 10 de marzo, rematou o prazo de presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva da Anpa. Finalmente houbo 13 candidat@s. A listaxe provisional queda así:

Marco de Azevedo
Mª del Pilar Otero Quintela
Jacinto Álvarez Somoza
Ana María Vázquez Fernández
Eva González Souto
Iolanda Sánchez Méndez
Pablo Peteira Otero
María Teresa Rodríguez Sánchez
Marcelo Chouza Insúa
Raquel Candendo Santo
Mª Isabel Andón Carneiro
Sara Cainzos Cuenca

María Casas Mariña

Moitísimas grazas a tod@s por animarvos a presentar as vosas candidaturas. Así a continuidade da Anpa e todos os servizos que ofrece quedan garantidos.

Os tres primeiros inscritos (Marco de Azevedo, Mª del Pilar Otero, Jacinto Álvarez) asistirán a unha xornada informativa sobre Anpas que terá lugar este sábado, organizada pola Federación de Anpas. Só hai 3 prazas para cada Anpa e foron os primeiros en solicitalo.

Como finalmente hai máis de 7 candidatos, temos que convocar eleccións. O calendario é o seguinte:

  • 12-13 de marzo: prazo para presentar reclamacións á listaxe provisional.
  • 16 de marzo: publicación da lista definitiva.
  • 17-23 de marzo, campaña electoral.
  • 24 de marzo: votación no Colexio Emilia Pardo Bazán de 16:00 a 20:00 h.
  • 25 de marzo: publicación de resultados.
  • 26-27 de marzo: período de reclamacións e publicacións do resultado definitivo

Despois das vacacións de Semana Santa farase a Asemblea onde tomará posesión dos seus cargos a nova xunta directiva resultante das eleccións.

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

BOLSAS/BECAS COMEDOR JARDANAY-ANPA MILNEN@S