Saltar ao contido principal

Persoal de apoio

Como xa publicamos hai uns días, no CEIP Emilia Pardo Bazán están actualmente escolarizados máis de 650 alumnos/as de infantil e primaria, dos cales unha alta porcentaxe presenta Necesidades de Apoio Educativo Especiais (NEAEE), con casuísticas moi complexas que afectan ao seu desenvolvemento escolar e persoal. O persoal de apoio que hai actualmente no Centro non é suficiente para as necesidades deste alumnado. O Centro solicitou máis persoal de apoio a tempo completo, pero só concederon unha coidadora a tempo parcial e recortaron o horario dunha especialista de audición e linguaxe.

Imos solicitar ao Xefe territorial de Educación que reciba unha comisión formada por membros da Anpa e pais/nais d@s alumn@s afectad@s. Necesitamos o voso apoio: imos recoller sinaturas no colexio, intentaremos estar ás horas de entrada e saída e tamén teremos o modelo de sinaturas no local o luns de 16 a 17h. 

Ademais imos deixar copias na librería Espacio Cultural e noutros negocios do barrio. Tamén podedes imprimir vós mesmos a folla de sinaturas, recoller sinaturas e deixalo no local ou na caixa de correos ou a alguén da Anpa.

Tamén queremos facer unha concentración na porta do edificio de infantil. O xoves día 30 de outubro, ás 9 horas, logo de deixar @s nen@s no cole. Todos coa camiseta verde!! Alí tamén recolleremos sinaturas.

Necesitamos a colaboración de tod@s para facilitar a formación e integración destes nen@s.

Grazas a tod@s!!




Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.