No CEIP Emilia Pardo Bazán están actualmente escolarizados preto de 650 alumnos/as de infantil e primaria, dos cales unha alta porcentaxe presenta Necesidades de Apoio Educativo Especiais (NEAEE), con casuísticas moi complexas que afectan ao seu desenvolvemento escolar e persoal. A maiores do alumnado escolarizado en cursos anteriores, este curso matriculáronse alomenos 3 novos alumnos/a con NEAEE. Para a atención deste alumnado o Centro precisaba máis recursos, pero lamentablemente o persoal de apoio foi reducido, ao pasar nalgún caso de tempo total a tempo parcial. A Anpa e o Colexio solicitaron á Xunta que se solucionase este problema. Hoxe falan de nós:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/10/09/padres-direccion-pardo-bazan-exigen/886740.html