Saltar ao contido principal

Comunicado da Federación Provincial de Anpas


COMUNICADO E CONVOCATORIA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO.- Federación Provincial de Anpas

Como ven sendo o costume nos últimos anos o inicio de curso leva aparellado a aplicación das medidas derivadas dos brutais recortes no ámbito educativo decretados polo goberno da Xunta de Galicia e do MEC, que están a por en perigo o ensino público, atacando a igualdade de oportunidades e retrocedendo nos avances conseguidos no modelo educativo do noso país, pretendendo con elo trasladarnos a épocas que xa críamos esquecidas.

- Perda importante de profesorado e incremento da temporalidade do mesmo.
- Incremento das taxas de interinidade que pasaron a duplicarse.
- Incremento da afinidade que fai que mais de mil docentes teñan que impartir especialidades que non son as súas
- Supresión das medidas de atención á diversidade, reforzos, desdobres...
- Redución dos profesionais de atención á diversidade
- Peche de 74 unidades de infantil e primaria.
- Supresións de ciclos Formativos de Formación Profesional
- Endurecemento dos requisitos de acceso ás bolsas
- Supresión de axudas para material escolar e creación dun Banco de Libros paralelo ao das ANPAS desbotando irresponsablemente o patrimonio acumulado nos centros.
- Mantemento dos concertos aos centros que segregan por sexo

Ademais a implantación atropelada da LOMCE, que servirá para deteriorar o ensino público en favor dun ensino de elite, ven a agravar un panorama caótico coas seguintes medidas .

- Publicación dos decretos de Primaria e FP Básica xa iniciado o curso
- Descoñecemento da oferta educativa de FP Básica
- Deslocalización da oferta educativa de FP Básica, afectando especialmente aos concellos do rural
- Redución de 500 prazas escolares na FP Básica
- Aumento das rateos
- Cambio indiscriminado e inxustificado dos libros de texto por imperativo da LOMCE

A Federación Provincial de ANPAs, en sesión de xunta directiva celebrada onte, aproba participar da convocatoria realizada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público e convida as comunidades escolares da provincia, (familias, profesorado e alumnos), consecuentemente co noso compromiso de  denuncia de calquera intención de destruír un modelo educativo de calidade e convoca unha SEMANA DE DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do 6 ao 10 de outubro na que realizaremos diversas actividades como son os ABRAZOS SOLIDARIOS que se realizarán en diversos centros educativos como símbolo do apoio que a comunidade educativa temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino. Ademáis dos actos que organicedes a nivel do voso centro, haberá un acto central ao que os convidamos a participar solidariamente cos vosos fillos e fillas e o profesorado:

7 de Outubro - 18 horas  - CEIP Rosalía de Castro, Río Avía, s/n - 15007 A Coruña

Polo que desde a Federación unímonos ao chamamento á sociedade, nais, pais, docentes e alumnado para que participe nestas mobilizacións convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público, porque está en xogo a educación do noso país.


XUNTA DIRECTIVA                                                         A Coruña, a 3 de outubro de 2014


Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.