BASES DO II CONCURSO DE CARTEIS DO ENTROIDO 2015.- ANPA MILNEN@S
Cartel gañador do concurso 2014
1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de Entroido que a ANPA Milnen@s organizará este ano.
2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes.
3.- REQUISITOS DOS CARTEIS:
· Tema: O Entroido
· Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4
· Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)
· Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ENTROIDO EMILIA PARDO BAZÁN 2015”.
· Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na misma orde.
· Nos traballos presentados aparecerá o nome do alumno, idade e clase á que pertence.
4. PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o día 22 de xaneiro.
5. LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse no local da ANPA, no horario de apertura deste, ou na caixa de correos do local.
6.- XURADO: O xurado estará composto polo director do Centro, unha mestra e a presidenta da Anpa.
7. O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración, sempre tendo en conta a idade dos autores.
A resolución do xurado darase a coñecer o día 26 de xaneiro e expoñerase o resultado no taboleiro de anuncios da Anpa e no seu blog.
8. PREMIOS: serán premiados tres carteis. Os premios consistirán en:
· 3º premio: un lote de libros
· 2º premio: un MP 4
· 1º premio: unha tablet.
O cartel que obteña o primeiro premio será utilizado como póster promocional da festa do Entroido que organizará a ANPA Milnen@s.
A Coruña, decembro de 2014