Festival de Nadal
O día 17 tivemos o Festival de Nadal das actividades creativas e lúdicas: @s nen@s de informática e TICS fixeron a postal de Nadal da Anpa e os carteis para decorar: @s de cociña prepararon unhas deliciosas receitas de Nadal: @s de maxia sorprendéronnos cos seus trucos: @s de teatro representaron unha función moi divertida e de Nadal e @s de Deseño de complementos realizaron parte da decoración e o atrezzo da obra: Para rematar, tod@s puidemos tomar un chocolate quentiño invitados pola empresa Jardanay. Bo Nadal para tod@s!!!