MAREA VERDE, MARCHA A MADRID
Dende a Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos infórmannos desta iniciativa:
As Federacións Provinciais de ANPAS que formamos CONFAPA-GALICIA e CEAPA imos levar a nosa MAREA VERDE a Madrid en protesta polos Recortes e a aprobación da LOMCE ou Lei Wert. Sairemos de todas as partes do país para facer unha grande "marea verde" que ocupe as rúas da capital e chegue a nosa voz e a nosa protesta ao Ministerio de Educación.
Sairase o día 29 de novembro (venres)e voltaremos, ao finalizar a manifestación, o día 30. Empezaremos centralizando un autobús na Coruña e, se é necesario, faremolo tamén en colaboración con vós noutros puntos da Provincia.
Para empezar a organizar a viaxe e saber cántas prazas temos que reservar, rogamos nos indiquedes xa se estades dispostos a facer este novo esforzo pola educación dos nosos fillos e fillas. Anímate e viaxa con nós. O prezo especial é de 15 euros por persoa e inclúe camiseta da marea verde co logo de CONFAPA-GALICIA.
Xunta Directiva Federación Provincial ANPAS