O próximo mércores 13 de novembro no Auditorio Andrés Gaos (o do Conservatorio Superior, rúa Manuel Murguía), ás 19 horas, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza un acto en contra da LOMCE ao que queren convidar a toda a comunidade educativa. Contarán coas actuacións dos actores César Cambeiro e Pedro Brandariz, da poeta María Canosa, do mago Martín Camiña, dos músicos Magín Blanco, Tombalobos Orquestra, Xabier Díaz... así como de alumnado do propio Conservatorio.
APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de actividades extraescolares .