Concurso de postais de Nadal - Concello da Coruña

Desde a Concellaría de Educación, Deportes e  Xuventude achégase información sobre a convocatoria para a III Edición do concurso de postais de Nadal:

Este ano hai unha novidade importante. O concurso elimina as dúas categorías que había nas edicións anteriores, unha para os escolares de Educación Infantil e a outra para os de Educación Primaria. Na edición deste ano haberá unha única categoría e dous premios.

O tema das postais será a felicitación do Nadal e do Ano novo. 
Haberá dous premios que consistirán en dúas Play Stations ps Vita. 
As duas postais gañadoras serán unha, a felicitación oficial de Nadal do Concello e a outra ou seu cartel oficial das festas.
O prazo de presentación das postais ábrese o luns 4 de novembro e péchase o venres 29 do mesmo mes.










Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

FESTA ENTROIDO 2024