Libros de texto e material escolar
Xa están publicadas na web do colexio as listaxes de libros de texto e material escolar para o curso 2013-2014. Lembrámosvos que o prazo para solicitar axudas para os libros de texto está aberto ata o 3 de xullo de 2013. Finalmente, a ANPA non puido organizar e preparar o Banco de libros de texto para o curso 2013/2014. Para subsanalo en parte, propoñémosvos facer de mediadores entre familias que queran doar ou recibir libros de texto. Para isto, podedes enviarnos un correo á ANPA indicando que libros queredes doar (curso), cales queredes recibir (curso) e os vosos datos persoais, sobre todo un teléfono e un mail de contacto. No asunto indicade "Intercambio de libros de texto". A ANPA fará unha lista dos libros disponibles e avisarémosvos para que vos poñades en contacto coas persoas que ofrezan un lote e organicedes entre vós a entrega e a recollida. Os libros que se poden intercambiar son os correspondentes a 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tamén os de lectura ...