Publicacións

CAMPAMENTOS URBANOS NADAL 2022

Imaxe
PREINSCRICIÓN : 1, 2 e 3 de decembro  na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais ou no  teléfono 613 37 19 73 (horario de atención telefónica de 9.00 a 20.00 h). LISTADOS PREINSCRICIÓN : 5 decembro RECLAMACIÓNS E LISTADOS DE PREINSCRICIÓN: 6 y 7 de decembro, enviando un e-mail a campamentos@serviplus.org SORTEO : 9 de decembro as 10.00h no centro cívico Monelos LISTADOS DE ADMISIÓNS E AGARDA:  12 decembro. INSCRICIÓN E PAGO : 14,15 e 16 de decembro  Transferencia bancaria á cuenta ES25 0049 6648 9627 1000 3456 e enviando o xustificante de pago campamentos@serviplus.org co nome da persoa admitida no campamento, centro cívico e modalidade  horaria.  Presencial, no Centro cívico de Monelos no horario de 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00h. DÍAS DE REALIZACIÓN : 23, 26, 27, 28, 29, 30 de diciembre y 2, 3, 4, 5 de xaneiro  HORARIO E COSTE : xeral  de 10.00 a 14.00h (26€) ampliado de 9.00 a 14.30h (32€). CENTROS CIVICOS CON HORARIO ...

LECTURA VIOLETA

Imaxe
Hoxe venres é 25N, Día contra a violencia de xénero, con este motivo o EDLG e EACE convidou ás clases a realizar diversas actividades, desde a biblioteca queren colaborar na abordaxe da violencia de xénero coa exposición de fondos que incorporamos ao mural realizado polo EDLG e EACE. Tamén queren compartir a guía "Lecturas violetas" que está accesible na plataforma Koha da biblioteca. Guia de lectura 

PROXECTO FAMILIAS PLUS.

Imaxe
Estimadas familias, Aquí vos deixamos información sobre ACOUGO , a Asociación Galega de Familias de Acollida, unha asociación que nace da necesidade dun grupo de familias de traballar para mellorar a situación dos menores que se atopan no sistema de protección e dar a coñecer o acollemento familiar como o mellor. medida de protección. para nenos e adolescentes en situación de desamparo. Con esta idea de aportar solucións e difundir, nace a colaboración coa Deputación da Coruña e a realización deste proxecto: Familias+. Por iso póñense en contacto con nós e pídennos colaboración, para difundir e aportar solucións. Hai familias que queren colaborar e ás veces non saben como, polo que queren transmitir ás familias do Concello a realidade do proxecto Familias+, familias axudando ás familias, e a idea é que difundamos esta convocatoria de charla informativa entre a xente. Adxuntamos a información do proxecto, e o cartel das sesións informativas. As datas e lugares son: Centro Cívico de San ...

CHARLA DE IGUALDADE PARA FAMILIAS

Imaxe
Mañan pola tarde ás 17:00 horas, a empresa Imaxina ofrecerá no salón de usos múltiples do cole, unha charla para familias, ao aveiro da subvención de Igualdade da Xunta de Galicia. Nesta charla trataranse temas importantes e de actualidade para a prevención da violencia de xénero. Contaremos con servizo de canguraxe para as familias interesadas en acudir á charla.

SALVEMOS O COLE AZUL

Imaxe
  Ligazón para votar Chegamos á última fase dos orzamentos participativos para poder cambiar as xanelas do cole azul. Grazas á vosa colaboración, non só fomos a opción máis votada do distrito 5, senón que fomos os máis votados de todos os distritos!! Pero... a loita continúa. Non vai a ser doado. Ata o día 30 de novembro comeza a campaña de votación pola opción máis votada de todos os distritos para levar a cabo a mellora. Esta vez, o voto pode ser telemático ou presencial e dende calquera parte da cidade e pódese votar a calquera distrito. Volvemos dicir, non nolo están a poñer doado. Nos centros cívicos de voto presencial non está o dos Rosais. Pode votar calquera persoa maior de 16 anos empadroada na cidade. Sabemos que podemos ser insistentes co tema, pero é polo ben das actividades extraescolares.  O cole azul está en risco, e non somos coma outros colexios que dispoñen dun pavillón propio onde facer actividades extraescolares. Este é o espazo que temos para conciliar, te...

PREMIO TRABALLO POR PROXECTOS

Imaxe
  Estamos de festa porque o noso PDI foi premiado no concurso da Dirección Xeral de centros para o impulso e recoñecemento de traballos por proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, e no queparticipan centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no curso 21/22.  Tratábase así de estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP).

ABRACADABRA

Imaxe
 Maxia e teatro xuntos! Abracadabra! Un espectáculo en inglés da man da teacher Rose e coa colaboración da Anpa milne@s. Podedes ver o vídeo no  blog da teacher Rose